ATOPO
Rexistros actuais: 1.640.541
Obxectos dixitais dispoñibles: 505.523

Creador de

Deputación de Pontevedra. Servizo de Turismo

Área de descrición

  • Datas de existencia

  • Historia Este servizo ten como obxectivo principal a promoción dos recursos e da infraestrutura turística do destino "Rías Baixas", a través de múltiples accións promocionais. Organización e realización de accións encamiñadas a atraer o turismo. Realización de accións e xestións tendentes a reforzar e mellorar a comunicación da imaxe de marca do destino "Rías Baixas". Edición directa ou en colaboración de información turística. Promoción do estudo da vida provincial na orde turística, ben directamente ou a través de distintos organismos especializados, e concreción con eles de accións de promoción e perfeccionamento de cantas profesións relaciónense co turismo, executando as accións precisas. Realización e promoción de estudos turísticos. Apoio á creación de centros comerciais abertos, consolidación dos existentes e creación de novos espazos nas cabeceiras de comarca. Apoio ó movemento asociativo comercial de base. Desenvolvemento de plans de actuacións urbanísticas e de equipamento comercial de apoio ós centros comerciais abertos (CCA). Formación e cualificación do sector comercial e, sobre todo, profesionalización do movemento asociativo e dos xestores dos centros comerciais urbanos. Colaboración cos concellos para crear equipos técnicos e servizos integrais de apoio ó sector comercial. Valoración, rehabilitación e conversión dos centros urbanos en peonís. Coordinación do labor nestes campos co ministerio competente, a Comunidade Autónoma de Galicia, outras provincias e outras entidades nacionais ou estranxeiras, tendente ó cumprimento das finalidades do servizo. Desenvolvemento de proxectos comunitarios que contribúan á creación de produto turístico así como á promo-comercialización deste. En xeral, cantos asuntos estean relacionados co turismo e sexan de interese para a provincia de Pontevedra (marca-destino "Rías Baixas").

  • Lugares Pontevedra

Área de control da descrición