ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.404
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Creador de

Mariano Jiménez Hueto

Área de descrición

  • Datas de existencia 1880-?

  • Historia Fotógrafo e político. Chegou desde Castela a comezos do século XX, e traballou no Baixo Miño como fotógrafo profesional. Colaborou como redactor gráfico en La Voz del Tecla e dirixiu o semanario falanxista Presente. Foi fiscal suplente do Xulgado de Paz da Guarda en 1930. Logo da sublevación do 18 de xullo de 1936 foi primeiro Tenente Alcalde da Comisión Xestora da Guarda constituída o 27 de xullo de 1936. O 5 de novembro de 1936 o Gobernador civil destituíu a Nicolás Alonso Linares e nomeouno presidente da Xestora. Permaneceu no cargo até o 14 de febreiro de 1939, cando o Gobernador ordenou o seu cesamento fulminante por pretender meter aos mozos de reemprazo de 1941 en camións de transporte de porcos, coa protesta violenta dos seus familiares. O seu antecesor no cargo de Alcalde foi Nicolás Alonso Linares, sendo substituído por Ramón Gándara Álvarez

  • Lugares España - Galicia - Pontevedra - A Guarda

Área de control da descrición

  • Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)