ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Concello de Ponte Sampaio

Área de descrición

  • Datas de existencia 1836-1860

  • Historia Ponte Sampaio está formado por un territorio de 17 quilómetros cadrados. Foi unha xurisdición formada polas parroquias de Ponte Sampaio e Canicouva, con señorío do Arcebispado de Santiago durante finais do século XVIII. Este territorio nos primeiros intentos de creación de concellos constitucionais xa figura como concello a efectos fiscais dentro do Partido xudicial da Lama, xunto cos do Partido Xudicial de Pontevedra: Salcedo, Pontevedra, Alba, Mourente e Xeve. Na definitiva instauración en 1836 créase o concello coa denominación e capitalidade en Pontesampaio, formado por 380 veciños e 1.520 almas distribuídas en dúas parroquias: Pontesampaio e Canicouva. Correspondíanlle un alcalde, catro rexidores e un procurador síndico. Xunto co concello de Ponte Sampaio, a división inicial aprobada no Partido xudicial da Lama incluía os concellos de Cotobade, Caldevergazo (posteriormente A Lama) e Caldelas (posteriormente Ponte Caldelas). En 1853 solicitase polo Alcalde e procurador síndico que o concello sega segregado co Partido Xudicial de Pontecaldelas e incluído no Partido Xudicial de Pontevedra e ao mesmo tempo integrado no concello de Vilaboa. Aberto o oportuno e longo trámite, remata coa negativa de Vilaboa a integrar estas parróquias no seu concello. O concello funcionará un total de 124 anos ata a súa integración no de Pontevedra, que tivo lugar o 21 de xuño de 1960.

  • Lugares Galicia - Pontevedra - Comarca de Pontevedra - Pontevedra - Ponte Sampaio

Área de control da descrición

  • Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)