ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Fototipia Thomas CA

Área de descrición

  • Datas de existencia 1880-ca.1950

  • Historia Joseph Thomas i Bigas (Barcelona, 1852 - Berna (Suíza), 1910) funda en 1880 a Fototipia Thomas nun establecemento na Gran Vía de Barcelona. En 1898 trasládase ao nº 375 da Rúa Mallorca de Barcelona, edificio que proxectou, por encargo da familia Thomas, Lluís Doménech i Montaner. Josef Thomas, experto coñecedor do medio fotográfico –nalgunhas das súas publicacións aparece como fotógrafo– a verdadeira dimensión do seu perfil profesional ven referida á actividade despregada como cualificado impresor de libros e revistas de arte, sendo en ocasións también editor. A Fototipia Thomas anunciábase como unha empresa dedicada á realización de reproducións artísticas e que dispoñía de grandes obradoiros de heliograbado, fototipia, litografía e fotocromotipografía. Colaborou en libros e revistas de arte como, por exemplo, La Il.lustració Catalana, Pèl i ploma e El Arte en España. Outra das grandes liñas de traballo da Fototipia Thomas sería, desde 1901, a edición de tarxetas postais ilustradas con fotografías, que nun principio se ciñe a temas locais, ou á produción para outras editoras, como é o caso de Hispania, coas series ilustradas polo pintor Ramón Casas (1901-1903). A partir de 1905, Thomas publica coleccións de tarxetas de distintos puntos da xeografía española. Vistas de cidades, paisaxes urbanos, espazos naturais de interese, grandes obras de enxeñaría, tipos populares e, de maneira destacada, o patrimonio histórico artístico, serán a temática da iconografía postal destas edicións que co tempo se van incrementando en número e dimensión geográfica. Como a maioría dos editores e impresores de tarxetas postais, a Fototipia Thomas traballaba con varios fotógrafos dos que non coñecemos o nome. > Fototipia Thomas siguiu funcionando tras a morte do seu creador, co nome de Hijos de J. Thomas, cos mesmos criterios de produción. Desde 1911 e até 1917, distingiuse con publicacións como Museum, revista mensual de arte español antigo e moderno, ou Vida Artística Contemporánea, referida ás artes aplicadas. Tras a Guerra Civil, a actividade empresarial decae notablemente, até o peche do establecemento nos anos sesenta.

  • Lugares

Área de control da descrición

  • Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)