ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Creador de

Rafael Vázquez

Área de descrición

  • Datas de existencia 1915-2003

  • Historia Rafael Vázquez González, mais coñecido como Rafa Vázquez, nace en Vigo o 30 de outubro de 1915, nunha familia de comerciantes, seus pais eran propietarios dunha pequena tenda de ultramarinos situada na rúa Sanjurjo Badía. A súa nenez pasa no barrio de Teis, onde finaliza os seus estudos primarios, comeza a traballar no negocio familiar ata que se declara a guerra civil . Debido as dificultades económicas derivadas da guerra vese obrigado a buscar unha nova actividade coa que poder subsistir. Será a súa relación de amizade co fotógrafo Alfredo Pintos a que o leve a buscar na fotografía un novo medio de vida. Nesta nova etapa profesional, desprazarase a Pontevedra onde retratará a súas rúas, prazas, xardíns e os monumentos máis representetivos. Nos seus primeiros anos como fotógrafo desenvolverá a súa actividade entre Vigo e Pontevedra, e outros lugares de Galicia, incluso chegou a fotografiar lugares de Extremadura co fotógrafo Pintos. A principios dos corenta decide abandonar o duro traballo de fotógrafo ambulante e instálase definitivamente como fotógrafo de rúa en Pontevedra. Instálase no número 4 da rúa de Santa María en compaña da súa esposa María, coa que tería un fillo, Rafael, que co tempo serguiría os pasos profesionais do seu pai.

  • Lugares Pontevedra Vigo

Área de control da descrición

  • Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)