Marquesado de Valadares
Área de descrición
Datas de existencia 1673-Actualidade
Historia O marquesado é un título nobiliario polo que se concede unha honra ou dignidade a certos individuos ou liñaxes por parte das monarcas. A súa posición xerárquica dentro dos títulos nobiliarios é superior á de conde pero inferior á de duque. Estes títulos nobiliarios son recoñecidos polo Rey e regulados polo Estado, sendo empregados como premio pola realización de grandes méritos ou vendas cando escaseaban os recursos económicos dos monarcas, especialmente nos séculos XVII e XVIII. O marquesado de Valadares é un título nobiliario español creado o 6 de xuño de 1673 polo rei Carlos II de España a favor de Luis Sarmiento de Valladares y Meira, I vizconde de Meira. O vizcondado de Meira, foi outorgado o 21 de xullo de 1670, polo rei Carlos II de España a Diego Sarmiento de Valladares, bispo de Plasencia e inquisidor xeral de España, para o seu sobriño paterno Luis Sarmiento de Valladares y Meira, que posteriormente sería nomeado I marqués de Valadares. A súa denominación fai referencia á parroquia de Valadares, pertencente ao municipio de Vigo, na Provincia de Pontevedra.
Lugares Galicia – Pontevedra – Comarca de Vigo – Vigo - Valadares
Área de control da descrición
Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)