ATOPO
Rexistros actuais: 1.619.227
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.660

Deputación Provincial de Vigo

Área de descrición

  • Datas de existencia 1822-1823

  • Historia Mediante a aprobación do Decreto LIX das Cortes, do 27 de xaneiro de 1822, créanse catro novas provincias dentro do territorio galego e anteriormente incluídos na Deputación Única de Galicia: A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo. Esta última terá problemas referentes ao deslindamento coa Provincia da Coruña ao establecer a liña divisoria no Río Ulla e provocar a división do Partido de Padrón. Tamén existirán dificultades no deslindamento coa Provincia de Ourense. Sexa como for, a Deputación Provincial de Vigo reuniríase por vez primeira o 24 de maio de 1822. Non obstante, a existencia da Deputación Provincial de Vigo será efémera xa que tras a reinstauración do Antigo Réxime, Felipe VII dará aprobación ao Decreto do 1 de outubro de 1823 polo que se suprimían os concellos e deputacións instauradas un ano antes. Posteriormente, co reestablecemento do Estado liberal e a división provincial de Javier de Burgos, a capitalidade da Provincia pasaría a ser detentada pola cidade de Pontevedra suscitando un longo preito entre ambas cidades.

  • Lugares Galicia - Pontevedra

Área de control da descrición

  • Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)