ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.417
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Creador de

Concello da Illa de Arousa

Área de descrición

  • Datas de existencia 1996-2015

  • Historia O concello da Illa de Arousa está situado no centro da ría de Arousa ó oeste da provincia de Pontevedra, conectado o continente por unha ponte de 2.000 metros de lonxitude.Ocupa unha superficie próxima ós sete quilómetros cadrados cun total de catorce entidades de poboación nunha única parroquia - San Xulián da Illa de Arousa - na que residen preto de cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a súa reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. No antigo réxime funcionou como couto, con señorío do mosteiro de San Martiño de Santiago, da orde de San Bieito. No período preconstitucional chegou a funcionar neste territorio o concello da Illa de Arousa. No proceso de establecemento constitucional dos concellos dentro do partido xudicial de Cambados, intégrase como parroquia do concello de Vilanova de Arousa, xunto con outras catro: Vilanova, Tremoedo, Baión e Caleiro. A segregación da Illa de Arousa para formar un concello independente, vella reivindicación veciñal dende o ano 1836, rematou definitivamente a finais de 1996.

  • Lugares Galicia - Pontevedra - Comarca do Salnés - A Illa de Arousa

Área de control da descrición

  • Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)