Creador de
Colexiata de Santa María de Vigo
Área de descrición
Datas de existencia s. XII-Actualidade
Historia A historia da Colexiata de Santa María de Vigo é relativamente descoñecida. Algúns documentos permiten saber que arredor do século XII xa existía a vila de Vigo que contaba daquela con dúas igrexas: Santa María e Santiago, ambas dependentes do Bispado de Tui. A Igrexa de Santa María estaba situada no centro da localidade, sendo un templo de estilo románico. Cara o século XV o florecemento demográfico da vila permite a construción dun novo edificio, neste caso de estilo lombardo, rematado en 1403. Daquela primitiva construción consérvanse o tímpano e algunhas partes do seu retablo. A finais dese século, en 1497, o bispo Pedro Beltrán elevaríaa ao rango de Colexiata. O devir do templo nos seguintes anos estivo marcado polas invasións. Así en 1589 Santa María era saqueada polo corsario Francis Drake, motivo polo que o rei Felipe II concede un privilexio real a favor da fábrica da mesma para a súa reconstrución, establecendo que fora o concello o encargado de designar este cargo. Esta doazón é a orixe do padroádego do Concello de Vigo sobre a igrexa colexial. Novos ataques como os dos berberiscos de 1617, os portugueses a partir de 1640 ou os ingleses de 1702 e 1719 manterán a construción nun estado moi precario. Así, en 1728, e debido ao descenso da poboación e das rendas, redúcese o número de racioneiros da igrexa de seis a dous. A pesar das reparacións realizadas ao longo do século XVIII, en 1813 a explosión da polvoreira do Castelo de San Sebastián conmove a igrexa provocando a súa ruína total. O Concello encargará ao arquitecto Melchor Prado Mariño o deseño do actual inmoble, realizado en estilo neoclásico. Posteriormente o crecemento da importancia de Vigo dentro da súa diocese leva á elevación da Colexiata primeiro a Concatedral e máis tarde a Basílica.
Lugares Galicia – Pontevedra - Vigo
Área de control da descrición
Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)