ATOPO
Rexistros actuais: 1.638.940
Obxectos dixitais dispoñibles: 505.527

Maxistratura de traballo de Pontevedra. Número 1

Área de descrición

  • Datas de existencia 1953-1988

  • Historia A Maxistratura de Traballo de Pontevedra créase pola Orde do 22 de abril de 1953, ata entón a única Maxistratura existente, creada en 1938 e con competencia en toda a provincia, tiña a súa sede en Vigo. Segundo a Orde de 1953, o territorio da Maxistratura de Pontevedra comprenderá os partidos xudiciais de Caldas de Reis, Cambados, A Estrada, Lalín, Pontevedra, Pontecaldelas e Redondela, agás os concellos de Cangas, Moaña, Mos, Pazos de Borbén e Redondela que continuarán dependendo da de Vigo. Esta situación manterase estable ata o R.D. 493/1985 polo que se crea a Maxistratura de Traballo nº 2 de Pontevedra. A entrada en vigor da "Ley de Planta y Demarcación Judicial", do 28 de decembro de 1988 substitúe as Maxistraturas de Traballo polos Xulgados do Social, que en Pontevedra estenderán a súa xurisdición a toda a provincia, agás o partido xudicial de Vigo.

  • Lugares

Área de control da descrición