Creador de
Contadoría de hipotecas de Tui
Área de descrición
Datas de existencia 1768-1862
Historia Pola Real pragmática do 31 de xaneiro de 1768 establécese a creación dos rexistros uo oficios de hipotecas naquelas localidades que fosen cabeza de partido, a cargo dos escribáns do Concello. Os rexistros levaríanse en libros foliados e rubricados polo xuíz do partido e neles tomaríase razón dos títulos de traslado de dominio dos bens inmobles, os contratos de arrendamentos, censos, hipotecas etc. O Real decreto do 15 de xuño de 1845 modifica a organización e o réxime de cobranza, xurdindo así os libros de traslación de dominio. A Lei hipotecaría do 8 de febreiro 1861 substitúe as contadurías de hipotecas polos rexistros da propiedade. Co Real decreto do 21 de xaneiro de 1862 establécese un período intermedio entre a toma de posesión dos rexistradores e o cese dos contadores, período no que os rexistros continuarán levando os libros da contaduría de hipoteca
Lugares Pontevedra- Tui