ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Guillermo Vidal Estarás

Área de descrición

  • Datas de existencia 1908-1990

  • Historia Guillermo Vidal Estarás foi nado no concello de Inca, Illas Baleares, o 6.12.1908. Estudia na Escola Profesional de Peritos Agricolas de Madrid formando parte da Xunta Directiva da asociación de alumnos de Peritos Agricolas como Tesoureiro (El Sol 3.11.1935 pax.: 4), Chega a Barro para a realización de traballos como perito agrícola colexiado no Colexio de Peritos do Centro (Madrid) co nº 16 asentándose en dito concello no que permanecerá exercendo o sua profesión dende os anos 60 do seculo XX ata o seu falecemento o 22.07.1990. Levou a cabo o seu traballo como perito na elaboración de numerosos proxectos tanto para os veciños de Barro e concellos limítrofes como para obras de iniciativa municipal. Participa activamente na vida social e política do concello de Barro. Nas primeiras eleccións Locais celebradas en 1979 presentase as eleccións como cabeza da lista na candidatura do Partidos dos Traballadores de Galicia (PTG) que obtén dous concelleiros. Presentará a sua dimisión do cargo de concelleiro en xullo de 1981 Destaca o seu traballo de elaboración de documentación técnica no proceso de reivindicación, recuperación e clasificación dos Montes Veciñais en Man Comun do concello de Barro. Os seus restos descansan nunha sepultura de un pateón do cemiterio da parroquia da Portela cedida por un veciño amigo.

  • Lugares Barro

Área de control da descrición