ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Creador de

Concello de Dozón

Área de descrición

  • Datas de existencia 1836-2015

  • Historia O concello de Dozón sitúase ó nordeste da provincia de Pontevedra, na comarca do Deza, lindando coa provincia de Ourense e cos concellos de Lalín e Rodeiro. Ocupa unha superficie superior ós setenta e un quilómetros cadrados cun total de 53 entidades de poboación dispersas en oito parroquias diferentes: Bidueiros, O Castro, Dozón, As Maceiras, Saa, Sanguiñedo, O Sisto e Vilarello, nas que residen algo máis de dous mil cincocentos habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Lugo ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían de dúas xurisdiccións: a de Deza, na que o señorío correspondía ó conde de Lemos e que ocupaba as parroquias de Sanguiñedo e Sisto; e a de Dozón, con xurisdicción real e que comprendía as parroquias restantes. No proceso de establecemento constitucional dos concellos chegaron a funcionar concellos en Saa e no Castro; este proceso culmina en 1836, dentro do que entón era partido xudicial de Lalín, establecéndose os concellos de Dozón, Agolada, Carbia, Lalín, Chapa e Rodeiro. No caso de Dozón, queda integrado por nove parroquias, as que aínda hoxe o compoñen e a de San Pedro de Mosteiro. Esta parroquia será suprimida no arranxo parroquial de 1890 e divididos os seus fregueses nas parroquias de Dozón e Bidueiros. Así mesmo tense constancia de varias modificacións da capitalidade do concello ata a actualidade que se sitúa no lugar de O Castro.

  • Lugares Galicia - Pontevedra - Comarca do Deza - Dozón

Área de control da descrición

  • Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)