Creador de
Dirección Xeral de Rexións Devastadas
Área de descrición
Datas de existencia 1938-1957
Historia En xaneiro de 1938 créase a Dirección Xeral de Rexións Devastadas e Reparacións dependente do Ministerio da Gobernación, co obxectivo de orientar, facilitar e en moitos casos reconstruir directamente os danos causados pola Guerra Civil. Dúas disposicións de 1939 marcan a pauta da súa actuación: a concesión de determinados dereitos aos propietarios que reedifiquen os seus inmobles conforme ás normas establecidas. As obras na maior parte dos casos realízanse directamente polos servizos da Dirección, empregando ás veces man de obra da comarca e outras recursos sometidos ao Padroádego de Redención de Penas polo Traballo. O Decreto de 26 de abril de 1957 (BOE e 14 de maio) establece o organigrama do Ministerio da Vivenda, que asume a través da súa Dirección Xeral de Aquitectura, Economía e Técnica da Construción, a extinguida Dirección Xeral de Rexións Devastadas.
Lugares
Área de control da descrición
Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)