ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Xunta Carceraria do Partido Xudicial de Vigo

Área de descrición

  • Datas de existencia 1886 - ca.1957

  • Historia A Lei de Bases do 21 de outubro de 1869 “para a reforma e mellora dos cárceres e presidios e para a planificación dun bo sistema penintenciario" clasifica os establecementos penitenciarios entre depósitos municipais, cárceres de partido, cárceres de Audiencia, presidios, casas de corrección e colonias penitenciarias. Os Concellos eran os encargados dos depósitos municipais e cárceres de partido. De conformidade ao Real Decreto do 11 de marzo de 1886 establecíase a obriga dos concellos de soster os gastos derivados do mantemento deste establecementos penitenciarios. Para tal finalidade, debería elaborarse un orzamento especial para as atencións carcerarias mendiante a achega de fondos por parte de todos os concellos do Partido Xudicial. Dito orzamento era aprobado por unha Xunta que estaba presidida polo Alcalde do concello cabeza de partido e composto por un representante de cada concello que conformaba o partido xudicial de Vigo. Ademais, o secretario da Xunta era o secretario do concello cabeza de partido. Os partidos xudiciais son unha división territorial que xorde na etapa constitucional e que actualmente son o ámbito territorial competencial dos xulgados de primeira instancia e instrución. Coa Constitución de Cádiz de 1812 establecíase a división provincial e dispúñase a creación dos partidos xudiciais, proporcionalmente iguais. Á cabeza destes partidos había un xuíz de letras. Ademais do carácter xudicial dos partidos, estes tamén se utilizaban para finalidades administrativas como demarcacións electorais, notariais ou rexistrais. A división en partido xudiciais da Provincia de Pontevedra foi evolucionando ao longo da etapa liberal aumentando ou diminuíndo o seu número en función das modificacións das bases do sistema territorial xudicial mediante a agregación ou segregación de concellos a uns ou a outros partidos. No caso do Partido Xudicial de Vigo, este estivo inicialmente formado polos concellos de Bouzas, Lavadores, Redondela, Vigo, Nigrán, Baiona e Gondomar. Con posterioridade o número de concellos que integraban este Partido diminuiría, segregándose o concello de Redondela. Finalmente, coa absorción do Concello de Bouzas por parte do Concello de Vigo en 1904 o Partido Xudicial ficaría conformado polos seguintes entes municipais: > Concello de Bouzas (integrado no Concello de Vigo en 1904) > Concello de Lavadores (integrado no Concello de Vigo en 1941) > Concello de Vigo (cabeza do Partido) > Concello de Gondomar > Concello de Baiona > Concello de Nigrán

  • Lugares España - Galicia - Pontevedra - Partido Xudicial de Vigo

Área de control da descrición

  • Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)