Creador de
-
Traslado do nomeamento como director do Colexio Médico (1895)
-
Traslado da elección como Procurador Médico do Concello de Pontevedra (1890)
-
Antecedentes da creación do Instituto Antirrábico de Pontevedra (1896-1901)
-
Correspondencia dirixida a José Filgueira Martínez (1901-1924)
-
Correspondencia, publicidade e recortes de prensa (1892-1924)
-
Certificacións académicas e outros materiais de estudos (1875-1879)
-
Nomeamentos de practicante supernumerario de mediciña (1877-1879)
-
Solicitude de alta na matrícula de subsidio industrial (1881)
-
Nomeamento como vocal técnico da "Junta de Reformas Sociales" (1900)
-
Publicacións con noticias de casos de rabia e pacientes (1891-1901)
-
Correspondencia, publicidade e recortes de prensa (1892-1924)
-
Certificacións académicas e outros materiais de estudos (1875-1879)
-
Certificacións académicas e outros materiais de estudos (1875-1879)
-
Certificacións académicas e outros materiais de estudos (1875-1879)
-
Correspondencia, publicidade e recortes de prensa (1892-1924)
-
Boletín de la revista de medicina y cirujía prácticas (1896)
Ángel Cobián Areal
Área de descrición
Datas de existencia 1854-1901
Historia O médico pontevedrés D. Ángel Cobián Areal (1854-1901) foi un dos personaxes máis importantes da cidade a finais do século XIX. Naceu en Romai e estudou medicina en Madrid, trasladándose logo á súa terra natal. En Pontevedra foi o impulsor de numerosas iniciativas sanitarias que supuxeron grandes avances para aqueles tempos. Aquí fundou en 1897 o primeiro Instituto Antirrábico e Antidiftérico de Galicia aplicando os métodos e vacinas que el mesmo experimentara no Instituto Pasteur de Paris. Tamén foi o primeiro en introducir os Raios X na cidade e en suxerir a creación dun laboratorio para análises de alimentos. Nomeado polo Goberno da nación comisionado para o estudo da epidemia de peste en Portugal e das instalacións hospitalarias e bacteriolóxicas en Paris e Berlín, ó regreso destas empresas soubo aplicar medidas preventivas contra enfermidades infecciosas dende o seu posto de director do recén estreado Hospital Provincial en 1897. A nivel nacional a súa participación nalgunhas intervencións cirúrxicas, espectaculares para aqueles tempos, supúxolle un amplo recoñecemento na prensa do momento. No ámbito da vida pública exerceu como alcalde de Pontevedra entre 1891 e 1893. A súa prematura morte privou a Pontevedra dun dos persoeiros máis dinámicos daqueles tempos.
Lugares
Área de control da descrición
Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)