Creador de
Xunta Provincial de Electrificación
Área de descrición
Datas de existencia 1954-
Historia Esta Xunta foi creada por Decreto de 25 de xuño de 1954 para dotar de enerxía eléctrica a entidades que carecían dela. Tiña como presidente ó gobernador civil e como vicepresidente ó enxeñeiro xefe da Delegación de Industria. Os vogais permanentes eran o presidente da Deputación, o xefe do servizo de Cooperación da Deputación e os presidentes das cámaras agrarias, un representante das cámaras de comercio e de Industria, accidentalmente, os alcaldes e os directores de empresas eléctricas. O seu cometido era elaboraren un plan concreto de electrificación, propoñerlle ó Ministerio de Industria as actuacións, emitir informes técnicos ou tramitar as peticións de materiais eléctricos entre outras.
Lugares
Área de control da descrición
Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)