Comisión do Padroádego do Colexio Universitario de Vigo
Área de descrición
Datas de existencia 1972 - 1990
Historia O antecedente directo da institución foi o chamado Colexio Universitario de Vigo, creado tras a aprobación en 1972 da construción do citado nas Lagoas, en Marcosende, na parroquia de Zamáns, e baixo o patrocinio da Caixa de Aforros de Vigo. No curso 1977-78 iniciáronse as clases nas titulacións que naquel entón se ofrecían: Ciencias Químicas e Biolóxicas, Económicas e Filoloxía. Dous anos despois do comezo da docencia na institución a Universidade de Compostela integrou os estudos impartidos en Vigo baixo a súa tutela administrativa e académica. O Padroádego era o órgano superior de goberno que delegada determinadas funcións e competencias na Comisión, que desaparecerían coa transformación do Colexio Universitario na Universidade de Vigo. A Lei 11/1989 de 20 de xullo de ordenación do sistema universitario de Galicia reordenou o panorama universitario da comunidade autónoma. A Universidade de Vigo foi constituída como tal en 1990 tras a súa segregación da Universidade de Santiago de Compostela.
Lugares España - Galicia - Pontevedra - Vigo
Área de control da descrición
Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)