Servizo Nacional de Inspección e Asesoramento das Corporacións Locais
Área de descrición
Datas de existencia 1950-1978
Historia Intégranse neste fondo documentos diferidos da función de control e tutela dos concellos, exercida polo xefe político desde 1835. Tamén se inclúe a documentación derivada do Servizo Nacional de Inspección e Asesoramento das Corporacións Locais creado pola Lei de Bases de Réxime Local de 17 de xullo de 1945 e desenvolvido por Decreto de 16 de decembro de 1950, dentro da Dirección Xeral de Administración Local do Ministerio da Gobernación, que nomeaba a uns funcionarios con habilitación de carácter nacional coas funcións inspectoras. A instalación en cada provincia pode producirse en datas diferentes. Seu precedente en canto ao ámbito competencial é a Sección Provincial de Administración Local, dependente da Delegación de Facenda. En Pontevedra, tras unha inspección que puxo de manifesto o seu mal funcionamento, creouse en 1959. Distribúese normalmente por provincias pero neste arquivo aparece documentación relativa á inspección de todas as provincias galegas e tamén limítrofes coma León e Oviedo, debido a que están organizadas en delegacións rexionais. A súa amplitude cronolóxica abrangue até 1978. Derivada da función de control en período preautonómico, asumida nesta provincia polo secretario da propia Deputación, consérvanse os extractos de acordos municipais remitidos polos concellos entre os anos 1979 e 1985.
Lugares España - Galicia - Pontevedra
Área de control da descrición
Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)