ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Inclusa Provincial

Área de descrición

  • Datas de existencia 1872-1955

  • Historia A Inclusa de Pontevedra nace en 1872 para facerse cargo dos nenos abandonados da provincia. Antes da súa creación a Deputación patrocinaba o coidado dos nenos expósitos ingresados na Inclusa do Hospital de Santiago de Compostela dende 1865. A dirección e administración correspóndelles a unha Xunta ou Comisión, composta polo presidente da Deputación, unha directora, que era a presidenta da Asociación de Señoras da Casa Hospicio, e un interventor nomeado pola Deputación. A partir de 1878, debido a diversos problemas coa Xunta pola dimisión das señoras e da directora, a Inclusa, xunto co Hospicio, pasa a ser dirixida por unha Comisión de deputados formada polo presidente e catro vocais e administrada polas Irmás da Caridade; esta Comisión deixará de reunirse en 1925 pero a Inclusa segue funcionando ata 1955, ano no que se funde co Hospicio no Fogar Provincial. Instalouse, nun primeiro momento, no convento de Santa Clara e foi trasladada en 1876 ó convento de Santo Domingo. En 1903 múdase de novo ó convento dos xesuítas onde permaneceu ata a súa desaparición.

  • Lugares Pontevedra (provincia)

Área de control da descrición

  • Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)