ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Creador de

Concello de Salceda de Caselas

Área de descrición

  • Datas de existencia 1836-2015

  • Historia O concello de Salceda de Caselas está situado no sur da provincia de Pontevedra, limitando cos de Ponteareas, Salvaterra de Miño, Tui e Porriño. Conta cunha superficie aproximada de 31 quilómetros cadrados nos que se asentan 93 entidades diferenciadas de poboación, nas que viven algo máis de cinco mil cincocentos habitantes. A partir do Real decreto de 23 de xullo de 1835, dentro do partido xudicial de Tui, configúrase o que será concello constitucional de Salceda de Caselas, composto polas sete parroquias que o integran na actualidade: Santa María de Salceda, capitalidade do mesmo, San Xurxo de Salceda, San Martiño de Picoña, San Xusto e Pastor de Entienza, San Estevo de Budiño, San Tomé de Parderrubias e San Vicente de Soutelo. Nestas parroquias residían daquela 524 veciños e aproximadamente 2.100 habitantes.

  • Lugares Galicia - Pontevedra - Comarca de Vigo - Salceda de Caselas

Área de control da descrición

  • Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)