ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.404
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Creador de

Concello de Vilanova de Arousa

Área de descrición

  • Datas de existencia 1836-

  • Historia O concello de Vilanova de Arousa está situado na ría de Arousa ó oeste da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos da Illa de Arousa, Caldas de Reis, Portas, Meis, Ribadumia, Cambados e Vilagarcía de Arousa. Ocupa na actualidade unha superficie próxima ós trinta e seis quilómetros cadrados cun total de sesenta e unha entidades de poboación dispersas nas súas seis parroquias: András, Baión, Caleiro, Deiro, Tremoedo e Vilanova de Arousa, nas que residen algo máis de once mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían da xurisdicción de Vilanova de Arousa, con señorío do arcebispo de Santiago, e do couto de Deiro, con señorío do marqués de Monte Sacro. No período preconstitucional e neste territorio chegaron a funcionar os concellos de Baión, Vilanova e a Illa de Arousa. No proceso de establecemento constitucional dos concellos dependía do Partido Xudicial de Cambados. Será no ano 1836, dentro da planificación definitiva para o antedito Partido Xudicial, cando se establece, xunto cos outros concellos de Sanxenxo, O Grove, Meaño, Meis, Lois, Carril, Vilagarcía e Vilaxoán, o concello de Vilanova de Arousa formado por cinco parroquias: Vilanova, A Illa, Tremoedo, Baión e Caleiro. Posteriormente, no ano 1843, anexionaríase a parroquia de András, instalada inicialmente no concello de Vilaxoán e a parroquia de Deiro, segregada do concello de Cambados en 1854. Unha última modificación significativa foi a segregación da Illa de Arousa para formar un concello independente, vella reivindicación veciñal que rematou no ano 1996.

  • Lugares Galicia - Pontevedra - Comarca do Salnés - Vilanova de Arousa

Área de control da descrición

  • Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)