Creador de
Asociación da Prensa de Vigo
Área de descrición
Datas de existencia 1909-2015
Historia A Asociación da Prensa de Vigo nace o domingo 21 de marzo de 1909 nos locais de Sociedade Coral “La Oliva” logo de varios intentos anteriores fallidos, sendo o seu primeiro presidente Miguel Fernández de Lema. Logo duns anos de actividade paralizada retómase con forza e renace no ano 1924, baixo a presidencia de Roberto Blanco Torres, non sen certas tensións. Xa dende 1933 empézase o intento de a edición da “Hoja” a iniciativa de Manuel Lustres Ribas, que será logo o seu director no primeiro número de 4 de maio de 1936, que foi requisado polas autoridades militares a pouco de saír. Dende aquela, con diversas problemáticas, talleres de edición, formatos..etc., supón un vehículo informativo e de expresión dependente da asociación que se editaba os luns en exclusiva, así como unha fonte de ingresos primordial para o seu funcionamento ata a súa desaparición, coincidindo coa publicación de diarios deportivos e nacionais tamén en luns. Haberá un intento bastante recente de editar unha “Hoja de los periodistas” que non tería moita continuidade. A perda de forza económica foi minguando o ofrecemento de servizos ós asociados e por causas diversas este movemento corporativo foi perdendo incidencia ata o seu estado actual.
Lugares Galicia - Pontevedra - Vigo
Área de control da descrición
Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)