Creador de
-
Pontevedra e Vigo. Contestación ao folleto redactado en Vigo
-
Ditame da Comisión Eclesiástica a consecuencia de varias proposicións aprobadas polas Cortes
-
Observacións do cabildo metropolitano de Santiago acerca da memoria lida ás Cortes
-
"Preservativo contra la irreligiaon: ao los planes de la filosofía..."
-
Copia do Libro Real de Eclesiásticos da freguesía de San Lorenzo de Moraña
-
Accións do Ferrocarril de Ourense a Vigo por Benito Varela Torres
-
Memorial de bens raíces e débedas procedentes da herdanza do cura párroco Juan Lorenzo Verea
-
Preito de Antonio Calvalo Lamas contra Juan Lorenzo de Verea
-
Documentos impresos relacionados co Goberno da Provincia (1835-1843)
-
Padrón xeral do concello de Moraña para a contribución extraordinaria de guerra
-
Borrador de ponencia para a Xunta de Agricultura da Deputación (1849)
-
Impreso político de carácter electoral con referencia á Cañiza
-
Cartas e gastos ocasionados pola Deputación provincial no ano 1877
-
Programa de adxudicación dun premio o día 30 de abril de 1863
-
Relación de montes dos pobos e do Estado exceptuados da desamortización
-
Copia de carta que D. Fr. Antonio Alexandro Sarmiento de Sotomayor enviou a Rmo. P. Guillermo Clerke
-
Elección por parte da congregación de S. Nicolás de Bari do reitor Benito Hermida Maldonado
-
Noticias recopiladas por don Gómez Varela da crónica xeral da Orden de San Benito
-
"Memoria sobre el origen de la carretera de Vigo a Castilla..."
-
Compilación de "La Numantina" de Francisco Mosquera de Barnuevo e outras
-
Recibos de pagamentos realizados por don Ramón Barros Alemparte e súa muller Cayetana Limeres.
-
Escritura de adquisición por Juan Lorenzo Verea en San Salvador de Saiáns
-
Recibos da Contribución Territorial de D. Benito Varela Torres
-
Títulos de cargos políticos outorgados a Lorenzo Varela y Sarmiento (1856)
-
Permuta de D. Benito Ramón Varela da leira de Liñares a Cayetano Blanco
-
Escritura de arrendamento de Dn. Gómez Varela Mariño de Lobera a Fernando de Lema
-
Escritura de arrendamento entre Benito R. Varela de Novoa e Silvestre Fandiño
-
Arrendamento de Gómez Varela Mariño de Lobera a Andrés Martínez
-
Venda de Pedro Fariña e Francisco Fariña a José Diego Varela de Verea Aguiar
-
Partillas de Benito Ramón Varela Verea e María Juana Sarmiento entre seus fillos
-
Memorial dos bens que adquiriu Andrés Camino de Marín con Juana do Casal
-
Memoriais que tratan sobre as pretensións de D. Gómez sobre os bens de Marín
-
Pareceres e preguntas sobre escrituras de herdanzas dos bens de Dominga Sánchez de Noboa
Pazo da Buzaca. Familia Varela
Área de descrición
Datas de existencia S.XV-S.XX
Historia A familia Varela ten o seu primeiro solar en Galicia no val do Dubra da que procede a Casa de Quindimil. Dela saíron, probablemente no último terzo do século XVI, os Varela que se asentaron na xurisdición de Caldas de Reis, primeiro no pazo de Casalnovo, no actual concello de Caldas de Reis, e despois no da Buzaca no concello de Moraña. O primeiro Varela relacionado coa vila de Caldas de Reis é Jorge Varela, casado con Inés Vázquez Mosquera, señores da Casa de Quindimil en Palas de Rei. A partir de aquí empezan a entroncar coas familias Mariño de Goyanes e Lobeira, Sotomayor, Suárez de Deza, Riobó, Camaaño, etc. No XVII Pedro Varela de Dubra, casado en 1629 con Inés Mariño de Lobeira e Salnés, funda o vínculo sucesorio da Casa de Casalnovo. Sucédelle Benito Varela do Salnés (1630-1705),casado con Mª Antonia Caamaño. O seu fillo Pedro Diego foi cóengo doutoral da catedral de Tui. Emparenta cos López Ballesteros de Vilagarcía de Arousa. Séguelle Gómez Diego Varela Mariño. Diego Francisco Varela casa en 1718 con Andrea Josefa Verea Fariña, da Casa dos Fariña de So o Rego, que morre ao parir o seguinte sucesor José Varela de Verea (1720-1773), home de Rosalía Verea de Aguiar. Entre os seus fillos destacamos a Jacobo que foi morto nunha acción contra os franceses na ponte do Burgo de Pontevedra en 1809. Benito Ramón Varela de Verea y Aguiar (1754-1818) xuíz de Xeve e da xurisdición de Penaflor, será o sucesor. Segue Lorenzo Varela Sarmiento (1803-1860), deputado provincial polo partido de Caldas de Reis na primeira lexislatura da Deputación ata a súa morte e membro da Comisión de Armamento e Defensa creada a partir das Guerras Carlistas, ademais de Deputado a Cortes en entre 1847 e 1850. Morre sen descendencia. O seu irmán Jacobo (1805-1868) foi oficial do Arquivo da Secretaría de Estado e do Despacho de Facenda e Administrador xeral da renda de viños e licores en Filipinas. A Benito Varela de Torres, tamén Deputado provincial por Caldas de Reis en 1862-1863 e 1877-1880, tenente coronel de artillería, casado con Guadalupe de la Cerda, séguelle a súa filla Candelaria Varela de la Cerda (1867-1904) que casa co seu tío José Varela de Torres, tamén militar en Valladolid. Continúa o seu fillo Manuel Varela Varela (1901-1969), casado con Maria Demetria Victoria Paz García, cuxos fillos son os actuais propietarios do Pazo da Buzaca.
Lugares Buzaca- Moraña
Área de control da descrición
Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)