ATOPO
Rexistros actuais: 1.624.430
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.745

Creador de

Concello de Meaño

Área de descrición

  • Datas de existencia 1836-2015

  • Historia O concello de Meaño sitúase no oeste da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Ribadumia, Meis, Poio, Sanxenxo e Cambados, dentro do que se coñece como Comarca do Salnés. Conta cun total de 58 entidades de poboación dispersas en sete parroquias diferentes: Covas, Dena, Lores, Meaño, Padrenda, Simes e Xil, nas que residen algo máis de seis mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían de dúas xurisdiccións: a da Lanzada na que o señorío correspondía ó arcebispo de Santiago e que ocupaba as parroquias de Covas, Dena, Xil, Lores, Meaño e Padrenda; e o couto de Simes con xurisdiccións do mosteiro de San Xoán de Poio. No proceso de establecemento constitucional dos concellos culminado en 1836, dentro do que entón era partido xudicial de Cambados, establécense os concellos de Carril, Vilaxoán, Meaño, Meis, Sanxenxo, O Grove, Cambados, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa. No caso de Meaño queda integrado polas sete parroquias que aínda hoxe o compoñen e non se ten producido modificación ningunha na súa configuración ó longo dos anos.

  • Lugares Galicia - Pontevedra - Comarca do Salnés - Meaño

Área de control da descrición

  • Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)