Creador de
-  2.1.5. Xestión das obras da corporación municipal e de infraestrutura 
-  Libro de actas de sesións das xuntas municipais de asociados 
-  Libro de actas de sesións das comisións informativas e especiais 
-  Imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana (plusvalía) 
-  Expediente de solicitude de inclusión de obras municipais en plans de cooperación 
-  Expediente de obras de apertura e pavimentación de rúas, pontes, camiños e prazas 
-  Rexistro das actas de sesións das xuntas locais de educación 
-  Expediente de sesións das comisións informativas e especiais 
Concello de Ponteareas
Área de descrición
- Datas de existencia 1836-2015 
- Historia O territorio do concello de Ponteareas sitúase no sur da provincia de Pontevedra, na comarca do Condado. Linda cos concellos de Pazos de Borbén, Mondariz, Mondariz-Balneario, Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas, Porriño e Mos. Ocupa unha superficie de cento dezaoito quilómetros cadrados, con duascentas vinte entidades de poboación dispersas nas súas vintecatro parroquias: Angoares, Arcos, Areas, Arnoso, Bugarín, Celeiros, Cristiñade, Cumiar, Fontenla, Fozara, Guillade, Guláns, Moreira, Nogueira, Santiago de Oliveira, San Mateo de Oliveira, San Lourenzo de Oliveira, Padróns, Paredes, Pías, Ponteareas, Prado, Ribadetea e Xinzo, nas que residen case que vinte mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias integrábanse daquela nas xurisdiccións de Sobroso, con señorío do marqués de Sobroso; a de Oliveira, con señorío do bispo de Tui; e a de Salvaterra, con señorío do conde de Salvaterra. Neste territorio, nos primeiros anos do século XIX, chegaron a funcionar concellos en Ponteareas, Guláns e Areas. Iniciado o proceso de constitución definitiva dos concellos actuais, dentro do partido xudicial de Ponteareas, créanse o concello de Ponteareas, xunto cos de Mondariz, Setados e Salvaterra. Dende entón permanece inalterable na súa estructura e delimitación xeográfica. 
- Lugares Galicia - Pontevedra - Comarca do Condado - Ponteareas 
Área de control da descrición
- Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF) 
 
 