Creador de
-
Rexistro de actas de sesións das xuntas locais de beneficencia e asistencia social
-
Rexistro das actas de sesións das xuntas locais de educación
-
Expediente de sesións das xuntas locais de agricultura, gandaría e montes
-
Arrendamentos de uso de bens e dereitos patrimoniais do concello
-
Rexistro do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana (plusvalía)
-
Subvención recibida pola corporación local doutra administración
-
Norma subsidiaria e complementaria de planificación urbanística
-
Expediente de obras de apertura e pavimentación de rúas, pontes, camiños e prazas
-
Traballos preliminares para a confección do padrón municipal de habitantes
Concello de Crecente
Área de descrición
Datas de existencia 1836-2015
Historia O concello de Crecente atópase no sueste da provincia de Pontevedra, a carón do río Miño, lindando con Portugal e coa provincia de Ourense. Ocupa unha superficie total de cincuenta e catro quilómetros cadrados, nos que se atopan 136 entidades de poboación nas que residen ó redor de 3.500 habitantes. No antigo réxime o actual término municipal de Crecente pertencía á provincia de Tui e estaba integrado en dúas xurisdiccións diferenciadas: a de Albeos, que incluía a parroquia do mesmo nome, con señorío do marqués da Sierra e a de Crecente, con señorío do duque de Soutomaior, que abarcaba o resto do territorio. Dende 1834 estivo integrado no Partido Xudicial da Cañiza ata a súa desaparición e absorción polo de Ponteareas. Nos primeiros anos do século XIX funcionaban de forma irregular concellos propios en diferentes lugares, entre outros en Freixo, Filgueira, Crecente ou Albeos. No definitivo proceso constitucional de implantacións dos actuais concellos, rematado en 1836, xorden no Partido Xudicial da Cañiza os concellos de Crecente, A Cañiza, Covelo e Arbo. Creado no 1836 o concello de Crecente, integra dende o seu inicio as parroquias de Albeos, Ameixeira, Angudes, Crecente, Filgueira, O Freixo, Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle e Vilar, non tendo modificacións importantes ata a actualidade.
Lugares Galicia - Pontevedra - Comarca da Paradanta
Área de control da descrición
Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)