ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Creador de

Concello de Rodeiro

Área de descrición

  • Datas de existencia 1836-2015

  • Historia Esta área xeográfica formou parte da provincia de Lugo ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían , agás a de Salto, da xurisdicción de Camba, na que o señorío correspondía ó arcebispo de Santiago. A antedita parroquia de Salto dependía do señorío do Mosteiro de Oseira. No proceso de establecemento constitucional dos concellos chegaron a funcionar concellos en Guillar, Rodeiro, Camba e Carboentes; este proceso culmina en 1836, dentro do que era partido xudicial de Lalín, establecéndose os concellos de Dozón, Agolada, Carbia, Lalín, Chapa e Rodeiro. No caso de Rodeiro, queda integrado polas actuais vinte parroquias, sen que se producisen modificacións na súa configuración ó longo dos anos de existencia.

  • Lugares Galicia - Pontevedra - Comarca do Deza - Rodeiro

Área de control da descrición

  • Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)