Creador de
-  Control e supervisión das actividades de tratamento dos datos persoais 
-  Alteracións da cualificación xurídica dos bens por desafectación 
-  Expediente de constitución das xuntas de compensación urbanísticas 
-  2.1.5.1. Construción e mantemento de obras de infraestrutura 
-  Licenzas por tala de masas arbóreas ou de vexetación arbustiva 
-  Licenzas de conexión as redes municipais de auga e saneamento 
Concello de Bueu
Área de descrición
- Datas de existencia 1836-2030 
- Historia O concello de Bueu enclávase na marxe dereita da península do Morrazo. Pertence xeograficamente á comarca do mesmo nome xunto cos concellos lindantes de Cangas, Marín e Moaña e mailo de Vilaboa; xudicialmente intégrase no Partido de Marín logo da súa recente creación. Conta cun total de 53 entidades de poboación dispersas en catro parroquias: San Martiño de Bueu, Santa María de Cela, Santiago de Hermelo e Santa María de Beluso co seu anexo de A Illa de Ons (San Xaquín), nas que residen uns doce mil douscentos habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían da xurisdicción de Cangas con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos chegan a existir os de Cela, Bueu, Beluso e Hío ata a definitiva proposta de 1836 pola que xorde o concello de Bueu, dentro do partido xudicial de Pontevedra, formado daquela por seis parroquias, entre as que se atopaban as de Aldán e Hío. Na evolución posterior este concello sufrirá a segregación das parroquias de Aldán e Hío, logo de moitos intentos efectiva en 1873. Por outra parte incorpora ó seu territorio as illas Ons e Onza en 1844. 
- Lugares Galicia - Pontevedra - Comarca do Morrazo - Bueu 
Área de control da descrición
- Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF) 
 
 