Creador de
Familia Mosquera
Área de descrición
Datas de existencia S.XVII-S.XX
Historia Correspóndelle á familia Mosquera, radicada no contorno da cidade de Santiago e nos concellos de Arzúa e Enfesta. Contén testemuños dende Matías Mosquera Martínez e algúns antecedentes relativos ás súas propiedades e foros. Continúa a saga con Andrés Mosquera Blanco, Matías Mosquera Suárez, Andrés Mosquera Leborán e José Mosquera Pérez, ós que corresponde a totalidade dos fondos agás algúns relativos a familiares políticos. José Mosquera Pérez naceu no concello de Enfesta. Estudiou Humanidades e Maxisterio en Santiago e entregouse á causa galeguista. Nos anos trinta popularizou o personaxe “O vello dos contos” na Unión Radio Galicia, facendo campaña polo Estatuto de Galicia en 1936. Foi membro correspondente da Real Academia Galega e morreu en 1965.
Lugares
Área de control da descrición
Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)