Creador de
-  Adxudicacións da autorización de explotación de locais de mercados municipais 
-  Modificacións da autorización de explotación de locais de mercados municipais 
-  Actividades para o apoio e a dinamización da formación e o emprego 
-  Expediente de cambios de enderezo e modificacións no padrón municipal de habitantes 
-  Traballos preliminares para a confección do padrón municipal de habitantes 
-  Padróns e rexistro das persoas con necesidades de atención social 
-  Campaña de sensibilización en materia de cooperación e solidariedade 
-  Autorización especial para a celebración de espectáculos e eventos 
Concello de Tui
Área de descrición
- Datas de existencia 1836- 
- Historia O concello de Tui sitúase no sur da provincia de Pontevedra, dentro da comarca natural do Baixo Miño, lindando con Portugal do que o separa o antedito río, e cos concellos de Salceda de Caselas, O Porriño, Gondomar, Salvaterra de Miño e Tomiño. Conta cunha extensión superior ós 66 quilómetros cadrados, distribuídos nas doce parroquias: Areas, Baldráns, Caldelas, Guillarei, Malvas, Paramos, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe, Rebordáns, Ribadelouro e Tui, cun total de cento sesenta e unha entidades de poboación, nas que residen máis de dezaseis mil habitantes. A carga histórica da cidade é abrumadora, pasando de capitalidade de diocese romana a corte do reino de Galicia na dominación sueva e goda; posteriormente será capitalidade da provincia do mesmo nome ata a configuración constitucional de 1836. Ó mesmo tempo é sede da diocese eclesiástica e capitalidade do partido xudicial. O territorio do actual concello dependía no antigo réxime da xurisdicción de Tui e de Pexegueiro, ámbalas dúas con señorío do bispo de Tui. Nos períodos liberais chegaron a funcionar concellos nos anteditos lugares ata a definitiva configuración. O concello constitucional de Tui constitúese en 1836, dentro do seu partido xudicial, coa mesma configuración física que conserva na actualidade, anque con tres parroquias menos: Rebordáns que aparece dentro da cidade de Tui, e Randufe e Pazos de Reis que apareceran como tales en 1903; esta última constituirase como Entidade Local Menor o 9 de agosto de 1926. 
- Lugares Galicia - Pontevedra - Comarca do Baixo Miño - Tui 
Área de control da descrición
- Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF) 
 
 