Creador de
-
Modificacións do padrón do imposto sobre bens inmobles rústicos. Altas, baixas e cambios de datos
-
Imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana (plusvalía)
-
Expediente de sesións das comisións informativas e especiais
-
Rexistro de actas de sesións das xuntas locais de beneficencia e asistencia social
-
Expediente de sesións das xuntas locais de agricultura, gandaría e montes
-
Correspondencia de entrada e saída do Portelo único da Xunta de Galicia
-
Alteracións da cualificación xurídica dos bens por desafectación
-
Contrato de compravenda de finca rústica chamada Bouza da Viña en San Xoán de Tabagón (1956)
-
Escritura de compravenda de terreos no barrio de Morán propiedade de Isaura Blanco Augusto (1953)
-
Escritura de compravenda de edificación no barrio do Calvario propiedade do Estado (1967)
-
Escritura de compravenda de parcela no Couso propiedade dos herdeiros de Ricardo Rodríguez Araujo
-
Escritura de renuncia de terreo en Parada do Monte de Couto a favor do concello (1923-1974)
-
Expediente de contrato de permuta de fincas rústicas (1948-1982)
Concello do Rosal
Área de descrición
Datas de existencia 1847-2015
Historia O concello do Rosal sitúase no sudoeste da provincia de Pontevedra, lindando co río Miño, que o separa de Portugal, e cos concellos de Oia, Tomiño e A Guarda. Ten unha superficie superior ós 41 quilómetros cadrados nos que residen ó redor de seis mil habitantes asentados en entidades de poboación, distribuídas en catro parroquias: San Bartolomeu de Eiras, Santa Mariña do Rosal, San Xoán de Tabagón e San Miguel de Tabagón. Este territorio pertencía á xurisdicción da Guarda con señorío do bispado e Cabido de Tui, tendo funcionado xa nos primeiros períodos constitucionais o concello do Rosal. No ano 1836 créase o concello da Guarda dentro do partido xudicial de Tui incluíndo o territorio do actual concello. Pouco tempo despois, xa no ano 1844, iníciase o expediente de segregación das parroquias a petición dos seus veciños, que dará lugar á creación do actual concello do Rosal. Este proceso será efectivo en 1847 aparecendo un novo concello con capitalidade en Ferreiros, pero novas reclamacións veciñais posteriores reverterán a situación no ano 1851 mediante circular do Gobernador Civil. Culminan os trámites coa creación definitiva do novo concello no mes de agosto do ano 1854. Con posterioridade soamente houbo algún intento no ano 1885 dalgúns veciños de Eiras de integrarse no concello de Tomiño sen resultado.
Lugares Galicia - Pontevedra - Comarca do Baixo Miño - O Rosal
Área de control da descrición
Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)