Xulgado de paz de Fornelos de Montes
Área de descrición
Datas de existencia 1870-
Historia Créase o xulgado de paz e o rexistro civil de Fornelos de Montes no ano 1870, con independencia dos órganos políticos locais que viñan desempeñando estas funcións, integrado na superior estrutura do partido xudicial de Redondela, no que se mantén ata a súa supresión no ano 1965, pasando a integrarse no de Pontevedra, para volver á situación anterior, incorporándose ó partido de Redondela no ano 1988. Ten un funcionamento continuado ata a actualidade con categoría de xulgado municipal ou xulgado de paz, quedando con integrado no xulgado comarcal de Soutomaior dende o ano 1945 ata o 1953.
Lugares Galicia- Pontevedra- Partido xudicial de Redondela- Fornelos de Montes
Área de control da descrición
Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)