ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Creador de

Xulgado de paz de Pontecesures

Área de descrición

  • Datas de existencia 1925-

  • Historia Créase o xulgado de paz e o rexistro civil de Pontecesures no ano 1925, con independencia dos órganos políticos locais que viñan desempeñando estas funcións, integrado na superior estrutura do partido xudicial de Caldas de Reis ata a súa supresión en 1965, pasando a integrarse no de Pontevedra e logo en 1983 no de Vilagarcía de Arousa. No ano 1988 coa reposición do partido xudicial de Caldas de Reis volve a integrarse neste. Ten un funcionamento continuado ata a actualidade con categoría de xulgado municipal ou xulgado de paz, quedando con categoría de xulgado comarcal dende o ano 1945 ata o 1953, comprendendo os xulgados de paz de Catoira e Pontecesures.

  • Lugares Galicia-Pontevedra-Pontecesures

Área de control da descrición

  • Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)