Creador de
Entidade Local Menor de Arcos da Condesa
Área de descrición
Datas de existencia 1946-
Historia Formada pola parroquia de Santa Mariña de Arcos da Condesa, que se integra no concello de Caldas de Reis, conta cos lugares do Ámeal, A Arosa, Badoucos, Ceboleira, Foxacos, Marán, Penalta, San Martiño e Valsordo, cunha extensión total de 760 hectáreas nos que residen 640 veciños. Esta parroquia fora un “Coto” na configuración propia do Antigo Réxime, pero nunca chegara a te-la consideración de concello nos períodos liberais previos á configuración definitiva dos concellos constitucionais. Xorde como Entidade Local Menor polo Decreto de 18 de xaneiro de 1946, a proposta do Ministerio da Gobernación, culminando un proceso iniciado dos años antes. A primeira Xunta Veciñal constitúese o 23 de agosto de 1946, baixo a presidencia de D. Julio Ocampo Coto.
Lugares Galicia - Pontevedra - Comarca de Caldas - Caldas de Reis - Arcos da Condesa
Área de control da descrición
Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)