Creador de
Entidade Local Menor de Berán
Área de descrición
Datas de existencia 1924-
Historia A única Entidade Local Menor que non pertence á provincia de Pontevedra corresponde á parroquia de San Breixo de Berán, que na actualidade forma parte do concello de Leiro, na limítrofe provincia de Ourense. Con anterioridade á formación dos concellos constitucionais pertencía á Xurisdicción da Veiga e Carballeda, con señorío do conde de Ribadavia. Na primeira configuración constitucional dos concellos pasa a formar parte do concello de Evade, para segregarse posteriormente e integrarse de forma definitiva no de Leiro. Ten unha superficie total de 320 hectáreas nas que residen 332 habitantes, distribuídos nos lugares de Aduana, Casanova, Trasouteiros, Quinteiro, Eirado, Cruz de Berán, Moreira, Cotofrío, Casar e Caldelas. Destaca especialmente pola existencia do coñecido e visitado balneario e pola súa abundante producción vinícola. É recoñecida como Entidade Local Menor polo Concello de Leiro, na sesión do 13 de decembro de 1924, celebrando a súa primeira xuntanza o 17 de marzo de 1925, sendo o seu primeiro alcalde pedáneo D. Manuel Taboada Cuíñas.
Lugares Galicia - Ourense - Comarca do Ribeiro - Leiro - Berán
Área de control da descrición
Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)