Creador de
Entidade Local Menor de Chenlo
Área de descrición
Datas de existencia 1926
Historia A parroquia de San Xoán de Chenlo está adscrita na actualidade ó concello de Porriño, no que foi integrada na configuración definitiva dos concellos constitucionais levada a cabo no ano 1836. En épocas anteriores pertencía a xurisdición do Porriño, con señorío do Conde de Salvaterra. Nos anos 1812 e 1821 estaba integrada no concello de Mosende, xunto coas parroquias de Pontellas e a propia de Mosende; esta situación tentaron mantela os veciños, facendo varias reclamacións sucesivas sen éxito, á hora da nova configuración definitiva dos concellos, tentando evitar con eso a desaparición deste e a súa integración no do Porriño. A parroquia de Chenlo ten unha superficie total de 10 Km2, nos que residen 547 habitantes, distribuídos nos lugares de As Abas, A Becerreira, As Cabreiras, Os Cabreiros, As Cales, Canadelo, Os Eidos, A Escusa, As Filqueiras, A Granxa, A Ladeira, Parada, O Penedo, O Portomariño, O Pombal, Porto de Eiras, A Quinta, O Saramagal, O Toxal e Vilar.
Lugares Galicia - Pontevedra - Comarca de Vigo - O Porriño - Chenlo
Área de control da descrición
Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)