ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.404
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Entidade Local Menor de Morgadáns

Área de descrición

  • Datas de existencia 1932

  • Historia A parroquia de Santiago de Morgadáns, pertencente ao concello de Gondomar, ten unha superficie total de 1.530 hectáreas nas que residen 1.158 habitantes, distribuídos nos lugares de A Abelosa, Baralla, Batizosa, O Camiño Branco, O Carballás, A Carballeira, As Entreviñas, Gonda, Guillufe, Gulgar, Os Eidos de Abaixo, Ervillás, O Lago, Murxido, Os Padróns, Pedra, O Picouso, Prado, San Roque, Vilas, Viño e Xende. Pertencía esta ferigresía no Antigo Réxime á Xurisdicción Real de Baiona; logo da Constitución de Cádiz e durante os breves períodos liberais, funcionou Morgadáns como concello propio ata a configuración definitiva de 1836, ano en que foi incluído no concello de Gondomar, perdurando esta situación ata a actualidade a pesar das demandas dos veciños; estes xunto cos de Chaín, xa en 1844 pedían formar un concello propio con capital en San Roque de Morgadáns. A Entidade Local Menor de Morgadáns constituíuse como tal o 7 de agosto de 1932 coa consideración de “pobo agregado”, por estimar o concello de Gondomar derogado o Estatuto Municipal de 1924 e utilizarse para o efecto a Lei Municipal de 1877. Co gallo da guerra civil española sofre un parón no seu funcionamento, sen chegar a ser suspendida; volve a emprende-lo seu funcionamento habitual a partir do ano 1955. Ten a súa sede no barrio da Pedra e dispón no seu patrimonio de varias escolas e montes, entre os que destaca o monte de Galiñeiro, Caldeirón e outros. Manexa un presuposto bastante variable en relación co volume de previsibles ingresos, derivados basicamente dos aproveitamentos dos montes e das explotacións das canteiras.

  • Lugares Galicia - Pontevedra - Comarca de Vigo - Gondomar - Morgadáns

Área de control da descrición

  • Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)