ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Entidade Local Menor de Pazos de Reis

Área de descrición

  • Datas de existencia 1926

  • Historia Formada pola parroquia de Nosa Señora do Sagrario de Pazos de Reis, que pertence ó concello de Tui; ten unha superficie total de 615 hectáreas nas que residen 1.113 habitantes, distribuídos nos lugares de O Ánxel, Circos, O Eirado, Frinxo, Herdeiros, Os Muíños, A Poboanza, A Porteliña, Ricamonde e O Seixal. A Entidade Local Menor constitúese no ano 1926, con certa oposición por parte de veciños de Tui. Actualmente ten a súa sede con carácter provisional nunha escola e centro cultural, propiedade da Entidade, por ter sido expropiada a anterior casa por mor da construcción da autovía Vigo-Tui. Atópase en construcción unha nova na subida ó monte Aloia.

  • Lugares Galicia - Pontevedra - Comarca do Baixo Miño - Tui - Pazos de Reis

Área de control da descrición

  • Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)