Creador de
Entidade Local Menor de Vilasobroso
Área de descrición
Datas de existencia 1924-
Historia Formada pola parroquia de San Martiño de Vilasobroso, chamada así dende 1936 en que se aproba o cambio de denominación sendo con anterioridade o seu nome San Martiño da Portela. Pertencía no Antigo Réxime á Xurisdicción de Sobroso, con señorío do marqués de Sobroso e conde de Salvaterra. Na actualidade forma parte do concello de Mondariz, discorrendo por ela a estrada nacional N-120 que configura a súa morfoloxía; nesta parroquia atópase o coñecido castelo de Vilasobroso, hoxe propiedade do Concello de Ponteareas. A parroquia ten unha superficie total de 5,18Km2, onde residen 452 habitantes, distribuídos nos lugares de O Cruceiro, A Pena, Saniñáns Veigadraga e Vilasobroso. Foi recoñecida como Entidade Local Menor o 13 de setembro do ano 1924, sendo o seu primeiro alcalde pedáneo D. Alejo Carrera Muñoz. A súa primeira denominación foi a de Entidade Local Menor de Portela ata o cambio de denominación da parroquia antes sinalado, por solicitude da propia Entidade Local. O seu patrimonio constitúeo o edificio do mercado, no que se atopa na actualidade a sede da Entidade Local, o cemiterio e varios montes.
Lugares Galicia - Pontevedra - Comarca do Condado - Mondariz - Vilasobroso
Área de control da descrición
Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)