ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Entidade Local Menor de Camposancos

Área de descrición

  • Datas de existencia 1925-

  • Historia A Entidade Local Menor de Camposancos pasa por ser a máis antiga de tódalas que existen en Galicia, funcionando xa a finais do século pasado unha Xunta Administrativa para a xestión dos bens do Coto de Camposancos, de acordo co previsto nas leis municipais de 1870 e 1877. Este coto dependía inicialmente no Antigo Réxime do bispado de Tui, séndolles arrendados os seus bens ós veciños desta parroquia no ano 1761 e posteriormente redimido este foro a favor dos mesmos no ano 1870. A parroquia de Santa Isabel de Camposancos créase no ano 1798 logo da súa escisión da de San Lourenzo de Salcidos. Nos períodos liberais anteriores ó definitivo establecemento constitucional dos concellos aparece como concello propio; sen embargo, na definitiva distribución aprobada para o Partido Xudicial de Tui en 1836 esta parroquia inclúese dentro do concello da Guarda, situación que se mantén ata a actualidade. Ten esta parroquia unha superficie total de 412 hectáreas nas que residen 845 habitantes, distribuídos nos lugares de A Armona, Bouza da Fonte, O Couto, A Granxa, O Outeiro, O Muíño, Pombal, A Pasaxe, Sa e Salgueiró. Inclúese no territorio desta parroquia unha parte do Monte de Santa Tegra e dispón de coñecidas praias. Como Entidade Local Menor é recoñecida, logo da aprobación do Estatuto de Municipal de 1924, en abril de 1925, constituíndose definitivamente na sesión do 23 de maio de 1925, sendo o seu primeiro alcalde pedáneo D. Domingo Domínguez.

  • Lugares Galicia - Pontevedra - Comarca do Baixo Miño - A Guarda - Camposancos

Área de control da descrición

  • Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)