ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.404
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Creador de

Xosé Filgueira Valverde

Área de descrición

  • Datas de existencia 1906-1996

  • Historia D. Xosé Filgueira Valverde naceu en Pontevedra en 1906. Estudou Dereito e Filosofía e Letras, exercendo profesionalmente neste último campo. Foi catedrático de literatura no Instituto de Ensinanza Media da súa cidade natal. Á marxe deste labor profesional involucrouse dende moi novo en proxectos culturais de grande envergadura. Foi patrono fundador en 1927, director (1942) e director emérito do Museo de Pontevedra, institución á que lle dedicou os seus maiores esforzos e á que estaría ligado ata a súa morte en 1996. Tamén foi fundador do Seminario de Estudos Galegos no 1923 e, despois da súa desaparición, membro e director a partir de 1972 do Instituto Pai Sarmiento de Estudos Galegos. Pertenceu ás Reais Academia Galega, da Historia, da Lingua e ás de Belas Artes de San Fernando de Madrid e da Virxe do Rosario da Coruña. Desempeñou tamén cargos públicos, sendo alcalde de Pontevedra e conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia entre 1982 e 1983

  • Lugares

Área de control da descrición

  • Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)