Creador de
Mosteiro de Santa María de Armenteira (Meis, Pontevedra)
Área de descrición
Datas de existencia 1151-2022
Historia O primeiro cenobio debeu ser fundado polo abade San Ero no ano 1150. Esta persoaxe é protagonista dunha famosa lenda en Galicia, segundo a cal estivo escoitando embelesado cantar a un paxariño durante trescentos anos tras rogarlle á Virxe que lle amoase cómo era o Paraíso. Esta historia recollese nas Cantigas de Alfonso X O Sabio. A data de creación según a primeira mención documental é do 6 de marzo de 1151, data na que Diego Ovéquiz fai doazón ao abade don Ero unha herdade na vila de Gondes. Pero en 1975 aparecen durante unhas excavacións unha lauda que fai retroceder a data das orixes á época prerrománica: sería un dos numerosos mosteiros surxidos nos séculos IX e X, aínda que sin notas documentais que se podan constatar, coñecéndose que en 1151 seguía a regla benedictina tal como dice o mencionado documento dese ano. En 1162 aparece por primeira vez o nome do mosteiro nos documentos oficiais da Orde Cisterciense, aínda que as primeiras noticias certas son de 1190. O que si parece claro é que Armenteira non foi unha fundación cisterciense, senón unha afiliación á orde. Desde este momento comezou a recibir doazóns dos reis, aínda que as mis numerosas é importantes foron as procedentes dos particulares. Todo elo levou á formación dun grande patrimonio convirtíndose así nun dos máis importantes mosteiros cistercienses galegos. Durante os séculos baixomedievais foron obxeto de usurpacións e expolios a máns dos nobles e familias poderosas da zona, recurrindo a Roma para súa devolución, sendo así que a finais do século XV manifesta certa decadencia. Cara o ano 1523 incorporase a reforma introducida pola Congregación cisterciense de Castilla tras a renuncia de frai Gonzalo de Saavedra, aínda que non foi efectiva hasta súa morte en 1528. Non será hasta 1536 cando ten lugar a confirmación pontificia. A desamortización obriga aos monxes a abandoar o cenobio no ano 1837. A partir dese momento os edificios, salvo a igrexa e a parte visible do claustro van desmoronándose. Do primitivo mosteiro sólo queda en pé a igrexa que destaca pola súa sinxeleza e austeridade. Actualmente atópase habitado por monxas cistercienses desde 1989.
Lugares Á hora de centralo no seu contexto físico débese sinalar a súa situación no oeste da provincia de Pontevedra, no concello de Meis que se extende desde o alto do monte Castrove hasta as ribeiras do río Umia. O seu dominio exténdese casi exclusivamente nas proximidades do mosteiro, concretamente na comarca costeira do Salnés, entre as rías de Arousa e de Pontevedra. Unha área situada na Galicia litoral , e cunha máis específica determinación na subzona litoral das Rías Baixas, apropiada para a vida marítima, pero con garndes inconvintes para a agricultura pola súa accidentada topografía, o que sen embargo non foi inconvinte para que non se aproveitase ao máximo o espacio cultivable no que se integra o val do Umia. Tamén conta con propiedades nas comarcas de Caldas, Pontevedra e de Vigo e municipios como o da Lama. No Antigo Réxime as 32 parroquia nas que se ubicaba o patrimonio de Armenteira pertencían a antiga provincia de Santiago, excepto San Xoán de Cabeiro e San Vicente de Trasmañó que eran da provincia e diócese de Tui e pertencentes ás xurisdiccións de Redondela Nova e Val de Fragoso. O conxunto das propiedades estaba repartido entre as diferentes posesións -terreos de labradío, bosques de carballos, piñeirais, etc.- sitas na propia freguesía de Santa María de Armenteira e o patrimonio máis alonxado do mosteiro, cun forte control, polos seus cinco prioratos.
Área de control da descrición
Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)