ATOPO
Rexistros actuais: 1.627.434
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.860

Audiencia Provincial de Pontevedra

Área de descrición

  • Datas de existencia 1892-

  • Historia A Lei adicional á orgánica do poder xudicial de 1882 crea 80 audiencias e salas do Criminal nas audiencias territoriais, creadas pola Lei de 1870. Polo R.d. do 16 de xullo de 1892 suprímense as audiencias do Criminal non radicadas nas capitais de provincia, pasando as subsistentes a denominarse Audiencias Provinciais. As súas competencias serán estritamente en materia penal, ata a Lei do 20 de xuño de 1968, que as converte tamén en órganos de apelación de determinadas resolucións dos xuíces de 1ª Instancia e dos xulgados municipais e comarcais da provincia. Por outra parte, pola Lei do recurso contencioso-administrativo de 1888, créanse os Tribunais Provinciais do contencioso-administrativo, constituídos polo presidente e dous maxistrados da Audiencia Provincial e mais dous deputados provinciais. A súa competencia será coñecer as demandas en contra das resolucións das autoridades provinciais e municipais da provincia. Nun nivel superior existiría unicamente o Tribunal do Contencioso-Administrativo, substituído, polo R.D. do 8 de maio de 1904, pola Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Supremo. Esta situación manterase máis ou menos estable ata a Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, pola que se crea unha sala do contencioso-administrativo en cada audiencia territorial, suprimíndose os tribunais provinciais.

  • Lugares Galicia - Pontevedra - Comarca de Pontevedra - Pontevedra

Área de control da descrición

  • Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)