Creador de
Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Redondela
Área de descrición
Datas de existencia 1835-1970
Historia Os xulgados de 1ª Instancia créanse polo Regulamento da administración de xustiza de 1835, consolidándose, con funcións de primeira instancia no civil e instrución no penal, pola Lei adicional de 1882. O Xulgado de 1ª Instancia e Instrución de Redondela abarcará nas súas competencias os concellos de Redondela, Mos, Soutomaior, Fornelos de Montes e Pazos de Borbén. O Decreto 3388/1965, polo que se modifica a demarcación xudicial, suprime o Xulgado de Redondela, aínda que esta supresión non será efectiva ata a Orde do 7 de xullo de 1970, pola que se clausura o xulgado e se distribúen os municipios do seguinte xeito: Redondela e Pazos de Borbén pasan ó partido xudicial de Vigo, dependendo do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 2, e continuando o Xulgado Comarcal de Redondela (creado en 1945); Soutomaior e Fornelos pasan ó partido xudicial de Pontevedra, dependendo do Xulgado de 1ª Instancia en Instrución nº 1, e quedando adscritos os seus xulgados de paz ó municipal de Pontevedra; Mos intégrase no partido xudicial de Tui, quedando adscrito ó Xulgado Comarcal de Porriño. Por último, a Lei 38/1988, de demarcación e planta xudicial, volta a crear o partido xudicial de Redondela, do que forman parte os municipios de Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Redondela e Soutomaior, co seu correspondente Xulgado de 1ª Instancia e Instrución.
Lugares Galicia - Pontevedra - Comarca de Vigo - Redondela
Área de control da descrición
Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)