Creador de
Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Número 2 de Tui
Área de descrición
Datas de existencia 1989-
Historia A Lei do 5 de agosto de 1907 estableceu que “en cada término municipal habrá un Xulgado municipal constituído por un juez, un fiscal y un secretario”. Pola Lei de bases de 1944 estableceuse unha división entre xulgados municipais, radicados nas capitais de provincia e concellos de máis de 20.000 habitantes, comarcais, radicados en “capitales de comarca”, e de Paz. A Orde do 24 de marzo de 1945 creou, entre outros, o Xulgado Comarcal de Tui, sen competencias sobre ningún xulgado de paz, polo que o seu ámbito de actuación sería o propio termo municipal de Tui ata a conversión, pola Orde do 23 de novembro de 1957, do xulgado comarcal de Tomiño en Xulgado de Paz dependente do Comarcal de Tui. Polo R.d. 2104/1977, este xulgado comarcal pasará a chamarse de Distrito e posteriormente, tras as supresión dos xulgados de distrito pola Orde do 22 de novembro de 1989, constituirase como Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 2 de Tui.
Lugares Galicia - Pontevedra - Comarca do Baixo Miño - Tui
Área de control da descrición
Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)