Creador de
Xulgado de Distrito Número 1 de Vigo
Área de descrición
Datas de existencia 1977-1989
Historia A Lei de organización do poder Xudicial do 15 de setembro de 1870 establece a existencia en cada termo municipal de “uno o más jueces municipales” con competencias en materia civil e penal. Posteriormente, a Lei do 5 de agosto de 1907 establece que “en cada término municipal habrá un Xulgado municipal constituído por un juez, un fiscal y un secretario”, con competencias en materia civil para demandas de determinada contía, e en materia penal para “hechos punibles” cualificados como falta; as súas sentenzas serían recorríbeis perante o xuíz de 1ª Instancia e Instrución do partido xudicial correspondente. A Lei de bases da xustiza municipal de 1944 estableceu unha división entre xulgados municipais, radicados en capitais de provincia e concellos de máis de 20.000 habitantes, comarcais, nos concellos “que sean centros o capital de comarca”, e de paz nos restantes municipios; pola Orde do 24 de marzo de 1945 apróbase a demarcación destes xulgados. Esta situación manterase ata o R.d. 2104/1977, que desenvolve a Lei de bases 42/1974, orgánica da xustiza, pola que se unifican os xulgados municipais e comarcais baixo a denominación xenérica de xulgados de distrito.
Lugares Galicia - Pontevedra - Comarca de Vigo - Vigo
Área de control da descrición
Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)