Xefatura Provincial de Estradas de Pontevedra
Área de descrición
Datas de existencia 1966-1985
Historia O Decreto do 28 de xaneiro de 1847 crea o “Ministerio de Comercio, Instrución y Obras públicas”, cambiando a súa denominación pola de Ministerio de Fomento polo R.d. do 25 de outubro de 1851. O R.d. do 2 de setembro de 1857 creou en cada provincia unha sección de Fomento, “a las inmediatas órdenes del gobernador”, encargada de auxiliar ó gobernador no despacho dos asuntos dependentes de Fomento; desde o punto de vista técnico, existían en cada provincia os enxeñeiros xefes de Obras Públicas. Polo Decreto do 14 de agosto de 1893 suprímense as seccións de Fomento, manténdose as xefaturas provinciais, entre elas a de Obras Públicas. A nivel central, en 1931 desaparece o Ministerio de Fomento e créase o Ministerio de Obras Públicas, manténdose as xefaturas a nivel provincial. O D. 1480/1966, do 2 de xuño, crea as delegacións provinciais do Ministerio de Obras Públicas, atribuíndolle o carácter de delegado provincial a un dos xefes provinciais xa existentes (Estradas, Transportes, Augas ou Costas); por este mesmo decreto, as xefaturas provinciais de Obras Públicas pasan a denominarse de “Carreteras”. Polo R.d. 2766/1979, do 16 de novembro, as “Jefaturas de Carreteras” constitúen unha división das delegacións provinciais de Obras Públicas. A consecuencia das reformas administrativas producidas polas transferencias de competencias ás comunidades autónomas, suprímense as delegacións, ou direccións provinciais (R.d. 2680/1985), mentres que para a realización das funcións correspondentes ó Estado en materia de obras públicas se crean, a nivel rexional (O. do 7 de febreiro de 1986) as “Demarcaciones de Costas”e as de “Carreteras”, tendo as de Galicia a súa sede na Coruña, aínda que se manteñen as “Unidades de Carreteras” a nivel provincial.
Lugares Galicia - Pontevedra
Área de control da descrición
Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)