ATOPO
Rexistros actuais: 1.639.067
Obxectos dixitais dispoñibles: 505.531

Delegación de Vigo. Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

Área de descrición

  • Datas de existencia 1973-

  • Historia Os colexios de arquitectos créanse polo Real decreto do 27 de decembro de 1929, que establece que “será condición obligatoria para el ejercicio de la profesión de arquitecto en España, a partir de 1º de marzo de 1930 (prorrogado posteriormente hasta el 1º de mayo), además de la posesión del correspondiente título académico, el hallarse incorporado a un colegio de arquitectos y pagar la contribución correspondiente”. Os decretos do 16 de xullo de 1930 e do 13 de xuño de 1931 determinaron a existencia de seis colexios de arquitectos con capitalidade nas cidades de León, Bilbao, Barcelona, Madrid, Sevilla e Valencia; o colexio con sede en León abarcaría o territorio correspondente ás provincias da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Oviedo, León, Zamora, Salamanca e Palencia, con delegacións en cada unha das provincias. Por D. 1025/1973 créase, por segregación do Colexio de León, Asturias e Galicia, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, con capitalidade en Santiago de Compostela. A asemblea constitutiva do Colexio tivo lugar en Santiago no mes de outubro dese mesmo ano. A súa estrutura organizativa aséntase en dous escalóns: uns órganos centrais, a Xunta de Goberno e o decano-presidente do Colexio, con sede en Santiago, e unha estrutura territorial baseada nas delegacións da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Santiago e Ferrol, rexidas polas súas correspondentes xuntas directivas.

  • Lugares Galicia - Pontevedra - Comarca de Vigo - Vigo

Área de control da descrición

  • Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)