ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.396
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Congregación da Nosa Señora da Concepción e Misericordia

Área de descrición

  • Datas de existencia s. XV-1838

  • Historia Segundo a Real provisión do 21 de xuño de 1786, a súa creación débese ós escribáns de número da vila de Pontevedra. Non se menciona data de creación. O documento máis antigo existente no Arquivo é de 1489. Tiñan como actividades principais a celebración dunha festa a súa patroa, misas e aniversarios; como asociación benéfica visitaba os presos e os enfermos os mércores de cada mes, socorría os pobres e dáballe dotes ás mozas orfas e honradas. Gobernábase por un muordomo e por oito deputados para as comisións da congregación. O dous cargos elixíanse anualmente por “cántaro e sorte”; un tesoureiro, que daba conta anualmente dos investimentos das rendas, das esmolas e das obras; ditas contas eran aprobadas e revisadas pola Congregación; avogado, médico e capiscal. A súa sede estaba nunha capela do convento de San Francisco. Desaparece a raíz da Desamortización de Mendizabal, pasando os seus bens a ser administrados pola Xunta de Beneficencia (1838).

  • Lugares Galicia - Pontevedra - Comarca de Pontevedra - Pontevedra

Área de control da descrición

  • Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)